🐾 A 3ª Experiencia Breogán de 2026 chegou ao seu peche no Pazo dos Deportes de Lugo.
Representantes das casas de acollida e da directiva da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo puideron desfrutar do partido do Río Breogán desde o palco VIP da Fundación Breogán.
Nun dos descansos do encontro, recibiron o aplauso de todo o Pazo e o recoñecemento da Fundación, entregado por Belén Ramos, xerente de Albia Funeraria Fernández, e recollido polo director da Protectora, Alberto Losada.
Grazas por dedicar cada día esforzo, tempo e cariño a ofrecerlles unha segunda oportunidade a tantos animais 💙


