Novas

Charla Laura Sas – Gravitty

Na Fundación Breogán seguimos apostando pola educación nutricional como unha ferramenta fundamental para promover hábitos saudables desde idades temperás e favorecer un estilo de vida activo.

Nesta ocasión, tivemos o pracer de colaborar cunha nova xornada formativa xunto á nosa nutricionista de cabeceira, Laura Sas Barbeito, dirixida aos rapaces e rapazas de Gravitty Escola de Baile. Durante a charla, abordáronse aspectos clave da alimentación para a saúde, a enerxía e o rendemento, facendo especial fincapé na importancia dunha nutrición axeitada para acompañar a práctica da actividade física e artística.

Foi unha experiencia moi enriquecedora na que os participantes puideron resolver dúbidas, adquirir novos coñecementos e reflexionar sobre como os seus hábitos alimentarios inflúen no seu benestar e no seu desempeño diario.

Grazas a Gravitty pola súa colaboración e acollida, e a Laura Sas pola súa profesionalidade, compromiso e capacidade para transmitir a importancia dunha alimentación saudable.