🌿 O proxecto “Miño Vivo” continua o seu percorrido pola Reserva da Biosfera Terras do Miño xunto ás persoas usuarias do Centro San Vicente de Paúl.
A xornada permitiu gozar dunha experiencia ao aire libre nun espazo de gran valor ambiental, fomentando a participación, a observación da contorna e o intercambio de vivencias arredor da natureza.
Como nas sesións anteriores, a actividade estivo guiada por Alejandro Rodríguez e Jessica Fernández, da Oficina Verde dos Centros Asociados da UNED de Lugo, dentro do proxecto #LugoNaturalMente.
“Miño Vivo” segue sumando experiencias que achegan a riqueza natural do río Miño a diferentes entidades sociais da provincia, promovendo unha educación ambiental inclusiva e conectada co territorio. 🍃


