Novas

Miño Vivo – ASPNAIS

🍃 A contorna do río Miño converteuse nun espazo de descuberta e participación para as persoas usuarias de ASPNAIS, que esta semana se sumaron ao proxecto “Miño Vivo”.

Durante a actividade, as persoas participantes tiveron a oportunidade de explorar a riqueza natural da Reserva da Biosfera Terras do Miño a través da observación da flora e da fauna, compartindo impresións e experiencias nunha xornada ao aire libre.

A sesión foi conducida por Alejandro Rodríguez e Jessica Fernández, da Oficina Verde dos Centros Asociados da UNED de Lugo, dentro do programa #LugoNaturalMente.

Unha nova oportunidade para achegar a natureza ás persoas e seguir construíndo espazos de aprendizaxe, inclusión e participación activa.