Novas

PRESENTACIÓN I LIGA DE BOCCIA

A Liga de Boccia xa é unha realidade.

O próximo 17 de setembro, no Polideportivo de Frigsa, celebraremos a presentación oficial da competición, un proxecto pioneiro que reunirá a asociacións e colectivos lucenses arredor do deporte inclusivo.

Durante o acto daranse a coñecer todos os detalles da liga, que se desenvolverá entre setembro de 2026 e xuño de 2027.

📍 Polideportivo de Frigsa
🕛 12:00 h.
📅 17 de setembro de 2026

Patrocina: Concello de Lugo
Colabora: Lecer_AV