Novas

XORNADA DE DEPORTE INCLUSIVO

Mañá estaremos presentes na Xornada de Deporte Inclusivo organizada por ASPACE Lugo no Polideportivo de Frigsa.

Unha mañá para compartir deporte, participación e inclusión con alumnado de distintos centros educativos e persoas de diferentes entidades sociais e deportivas da cidade.

Ademais, aproveitaremos esta xornada para presentar oficialmente o noso novo proxecto, Nós Baloncesto.

Grazas a ASPACE Lugo por contar coa Fundación Breogán nunha iniciativa que demostra o poder do deporte para unir persoas.