O éxito é moito máis ca chegar ao podio.
O próximo 27 de outubro no Auditorio da @afundacion_org de Lugo, a V edición de 𝗟𝘂𝘇 𝗮𝗼 𝗗𝗲𝗽𝗼𝗿𝘁𝗲 recibe a Uxía Folgueira, karateka lucense que acaba de proclamarse subcampioa do mundo de kata por equipos coa selección española. Un novo fito nun ano extraordinario, no que tamén conquistou o ouro individual na Youth League de Croacia. 💙
A través da súa experiencia, descubriremos todo o que hai detrás das medallas: as horas de adestramento, a concentración, a disciplina e a capacidade de seguir mellorando cada día.
Unha nova historia real para coñecer a cara menos visible do deporte de elite.
💙 Luz ao Deporte · V Edición
🤝 Co patrocinio de @somosabanca.
📸 karatefokus @albertovillarfotografo



