Novas

A Fundación Breogán na BREO ACADEMY

No marco do proxecto Breo Academy, a Fundación Breogán asume un papel fundamental como motor social e formativo. Esta iniciativa pioneira busca fortalecer as bases do baloncesto lucense mediante unha rede de colaboración entre clubs, familias e profesionais, sempre desde o respecto e recoñecemento ao labor dos clubs da provincia.

A Fundación contribúe activamente na Breo Social Academy, unha das áreas centrais do proxecto, promovendo eventos solidarios, campañas sostibles e fomentando a participación activa da cidadanía. A súa implicación garante que o deporte sexa tamén unha ferramenta de transformación social.

Ademais, apoia a dimensión educativa da Breo Academy a través de acordos con institucións como a USC, UNED, o Politécnico de Lugo e o CIFP As Mercedes, reforzando así o acompañamento integral da mocidade tanto no ámbito deportivo como académico.

Con esta aposta conxunta, a Fundación Breogán reafirma o seu compromiso co desenvolvemento persoal e social da xuventude, facendo realidade un proxecto inclusivo, aberto e en constante evolución. Porque o futuro do baloncesto –e da sociedade– xógase en equipo.