Lugo acolle a Fase Final da Liga Galega de Veteranas da man do Proxecto Cris Seijo da Fundación Breogán.
O vindeiro domingo 29 de xuño de 2025, o Anexo do Pazo Provincial dos Deportes de Lugo será o escenario da Fase Final da Liga Galega de Veteranas, organizada polo Proxecto Cris Seijo da Fundación Breogán, tras a designación oficial por parte do presidente da Federación Galega de Baloncesto.
Esta asignación supón un novo recoñecemento ao compromiso da Fundación coa promoción do deporte feminino e veterano, consolidando o traballo desenvolvido desde o Proxecto Cris Seijo.
A xornada desenvolverase en horario de mañá co seguinte calendario:
11:00 h – Partido polo 3º e 4º posto: ADC 2+1 Alzai vs O Dezaseis Pelayas Vintage
12:30 h – Gran Final: Kemegal CLB vs Proxecto Cris Seijo da Fundación Breogán, que buscará revalidar o título de campioas galegas acadado na pasada edición en Monforte de Lemos.
Desde a Fundación Breogán convidamos a toda a afección a achegarse para gozar dun evento único, onde o baloncesto, a paixón polo xogo e o espírito de equipo se converten nos verdadeiros protagonistas.