Novas

A maxia de compartir

Na Fundación Breogán cremos firmemente na transversalidade dos nosos proxectos, e sempre que temos a oportunidade, mesturámolos. Porque xuntos, aprendemos, melloramos e vivimos momentos inesquecibles.

Onte foi un deses días especiais: varias integrantes do equipo +35 do proxecto Cris Seijo adestraron cos nosos rapaces e rapazas do proxecto Persoas. Acompañadas polo noso adestrador Álex Martin e o equipo de voluntariado, crearon unha sesión chea de aprendizaxe, risas e emoción.

Foi marabilloso, divertido e inesquecible. Porque cando unimos forzas, todos e todas gañamos!