Na Fundación Breogán continuamos con ilusión os nosos talleres de activación física e estimulación cognitiva, axudando a mellorar o benestar e a calidade de vida dos nosos avós.
Esta semana contamos novamente coa colaboración de Marta, estudante de psicoloxía da UNED Lugo que participa no programa de Aprendizaxe e Servizo (ApS), achegando o seu coñecemento e entusiasmo aos nosos talleres de estimulación cognitiva.


