Primeira sesión de estimulación cognitiva desta nova tempada do proxecto máis entrañable da Fundación Breogán: 𝗚𝗥𝗔𝗭𝗔𝗦 𝗔-𝗩Ó𝗦, unha proposta que leva vitalidade, enerxía e alegría ás residencias públicas da @xuntagalicia en Lugo — As Gándaras e A Milagrosa.



A través de divertidos xogos e dinámicas, a nosa educadora social María Piñeiro guiou unha xornada chea de convivencia, ilusión e moito entusiasmo compartido.
Os nosos maiores demostraron, unha vez máis, que a mente tamén precisa exercitarse… e que facelo xuntos é sempre máis divertido! 💭💙
Seguimos con forza e ilusión, agradecendo todo o que nos ensinaron e o que seguen a regalarnos cada día.



💫 Porque Grazas A-Vós somos o que somos.