Novas

A vertente socio-deportiva do Proxecto Cris Seijo bota a andar

Outubro continúa a ser un mes cheo de movemento na Fundación Breogán, co inicio das nosas actividades sociais e deportivas.

Onte comezaron os adestramentos da vertente socio-deportiva do Proxecto Cris Seijo, unha proposta pensada para fomentar a actividade física, o compañeirismo e o benestar a través do baloncesto. 🏋️‍♀️💫

👉 Estes adestramentos son semanais, totalmente de balde, e o único requisito para participar é ser muller maior de 35 anos e enviar un correo a 📩 inscripciones@fundacionbreogan.org

Anímate a formar parte desta experiencia única da Fundación Breogán!