Onte déronse por iniciados os adestramentos do Proxecto Ícaro, unha iniciativa da Fundación Breogán coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que segue a apostar pola formación, a inclusión e o baloncesto como ferramenta de transformación.
Este ano contamos cunha novidade importante: Noel Fernández incorpórase como novo adestrador da Fundación, asumindo o liderado do proxecto con moita ilusión e compromiso. 💙
A tempada arrinca con forza e entusiasmo — con novos retos, aprendizaxes e soños por cumprir.



