Dámoslle a benvida a AGROMERA, SL, que se une á nosa rede de Empresas Colaboradoras da Fundación Breogán!
Con máis de 35 anos de traxectoria, AGROMERA leva dende 1987 traballando polos sectores agrícola e gandeiro, e hoxe céntrase na fabricación, venda e transporte de cama para vacas e viruta, garantindo o benestar dos animais con espazos cómodos e hixiénicos.
Con sede en Teixeiro (A Coruña) e delegación en Sarria (Lugo), AGROMERA é un exemplo de compromiso co rural galego e cos seus animais 🐄🌿
Grazas por apoiar o noso proxecto e compartir os nosos valores!
