Onte tivemos unha nova xornada do proxecto Pazo Aberto, e recibimos con moita ledicia aos alumnos e alumnas de 6º de Primaria do Colexio Diocesano A Milagrosa.



Os pequenos e pequenas descubriron os recunchos máis especiais do Pazo dos Deportes, mergullándose na historia, nos valores e no espírito do C.B. Breogán. E o mellor? Tiveron a oportunidade única de compartir pista cos xogadores do primeiro equipo, nunha experiencia que seguro non esquecerán!



Grazas por vir e por formar parte desta aventura que conecta o deporte, a educación e o orgullo lucense.
Seguimos #DescubrindoOCorazónDoBreogán