Novas

Proxecto Persoas, 4ª tempada iniciada

Onte arrancou unha nova tempada do Proxecto Persoas, un dos proxectos máis especiais da Fundación Breogán. Despois do verán sentíase moita emoción; foi unha tarde de reencontros, sorrisos, agarimos e pequenos grandes avances.

Ao Pazo dos Deportes achegáronse os rapaces e rapazas con moita ilusión, xunto cos nosos voluntarios e voluntarias, sen os que isto non sería posíbel. Houbo momento para presentacións e para compartir obxectivos: demos coa maior ledicia a benvida a Raquel Asensio, que será a nova adestradora do proxecto. Raquel, xunto con María Piñeiro, acompañará aos rapaces con cariño e dedicación, aportando a súa experiencia para seguir construíndo un espazo seguro e cheo de afecto.

Grazas a todas e todos os que achegades o voso tempo, enerxía e sorriso —voluntariado, familias e participantes—. O Proxecto Persoas é iso: unha comunidade que medra xunta, que aprende e celebra cada pequeno logro.