Novas

AROS pecha a súa fase piloto

Onte rematamos os adestramentos do proxecto AROS, a nova iniciativa da Fundación Breogán en colaboración con COGAMI, dirixida a persoas adultas con capacidades diferentes.

Foron tres sesións inesquecibles cheas de esforzo, alegría e aprendizaxe compartida. A acollida superou todas as expectativas, confirmando que AROS é moito máis ca baloncesto: é inclusión, é comunidade, é ilusión.

🤝 No último adestramento tivemos unha visita moi especial: Erik Quintela, capitán do CB Breogán, achegouse ata a pista para compartir momentos, consellos e, sobre todo, moita complicidade cos participantes.

🌱 Esta fase piloto chega ao seu fin, pero isto só acaba de comezar. A nosa intención é retomar o proxecto con máis forza logo do verán, para que AROS siga medrando e facendo o que mellor sabe: xerar oportunidades e sumar sorrisos.

Grazas unha vez máis a todas as persoas participantes, ao equipo técnico, e a quen facedes que todo isto sexa posible.