Novas

Arrinca a primeira Experiencia Breogán de 2026

Este ano celebramos a quinta edición dun dos proxectos sociais máis especiais da Fundación Breogán 💙, no que cinco organizacións serán protagonistas ao longo do ano a través de tres momentos únicos cheos de convivencia, aprendizaxe e emoción.

Nesta primeira semana, dedicamos a Experiencia a Achádego Teatro, da man da nosa empresa benefactora Grupo Ditram.

Un colectivo cunha traxectoria impresionante, que dende 1988 leva espallando cultura e paixón polo teatro con máis de 100 montaxes e iniciativas que conectan coa nosa tradición, coa historia e coa xente 🎬

Durante estes días, compartirán con nós a EXPERIENCIA PAZO, coñecendo de preto ao CB Breogán e aos seus xogadores, recibindo tamén a nosa visita e rematando cun día moi especial no Pazo, onde poderán dar visibilidade ao seu gran traballo.