Esta mañá gozamos dunha espléndida xornada de basket, xogos, concursos, agasallos… no Barrio da Milagrosa.
Queda deste xeito inaugurado o proxecto “BASKET NA RÚA”, a iniciativa organizada e financiada polo @concellolugo, que dende hoxe, e durante tódolos sábados do mes de abril, dinamizará o barrio e fará gozar dun deporte como o baloncesto a tódolos rapaces que queiran acompañarnos.
Contamos ca presenza da Alcaldesa de Lugo @laramendezlopez e o Concelleiro de Xuventude e Deportes @maurirepetto, que ademais de axudarnos a entregar os agasallos, tamén se animaron a participar nas competicións.
Moitas grazas a tódolos que viñestes e lembrade, o sábado 16 volveremos a vernos!
Basket Na Rúa (Milagrosa)
09
Abr