Neste tempo de encontro e esperanza, dende a Fundación Breogán queremos agradecer a todas as persoas que camiñades ao noso lado, facendo posible que a solidariedade, a inclusión e o deporte cheguen a quen máis o precisa.
Que este Nadal nos lembre a importancia de coidar uns dos outros e que o novo ano veña cargado de ilusión, compromiso e novas oportunidades para seguir construíndo xuntos unha sociedade máis xusta e inclusiva.
✨ Bo Nadal e Feliz Aninovo ✨