Recibimos no Proxecto Persoas a visita dos nosos amigos de @boxingclublugo, nunha sesión na que o deporte foi, unha vez máis, unha ferramenta para compartir valores, aprendizaxes e sorrisos…moitos sorrisos.
Un adestramento conxunto no que se puxeron en común o respecto, o compañeirismo e a superación persoal, nun ambiente próximo e especial, no que xa se comeza a sentir o espírito do Nadal de encontro e comunidade.
Grazas a Boxing Club Cidade de Lugo por sumarse a esta experiencia e por apostar, coma nós, por un deporte limpo e inclusivo.
💙 Tod@s iguais, tod@s diferentes… simplemente Persoas.


