Dámoslle a benvida a Cafés Candelas como nova empresa benefactora da Fundación Breogán!
Nacida en Lugo en 1973, Candelas é moito máis ca unha empresa cafeteira. É unha filosofía de vida, unha aposta pola calidade, a sustentabilidade e o compromiso social. Ao longo dos anos, soubo crecer sen perder as súas raíces, mantendo a súa sede no O Ceao e converténdose nunha marca de referencia en España e Portugal.
Pero o que verdadeiramente distingue a Candelas é o seu compromiso co mundo que a rodea. Colaboran con entidades como Aspnais, Banco de Alimentos, Café Mundi, Remar e Acción contra a Fame, apostando por un futuro máis xusto, solidario e sostible para todas e todos.
Agradecemos profundamente o seu apoio á nosa Fundación. Xuntos sumamos forza para seguir promovendo os valores do deporte, a inclusión e o benestar social.
