Onte celebramos unha nova xornada do programa Ocio e Deporte Saudable, dentro do proxecto +xTI 24-25 da @xuventudedeporteslugo, promovido polo @concellolugo.
A rapazada gozou dunha mañá chea de actividade, xogos e aprendizaxe compartida, da man de Noelia Valcarce (@noe.valop), profesora de Educación Física do CEIP Méndez Pelayo. Grazas, Noelia, por contaxiar ganas, movemento e bo humor!



E para pechar a xornada, houbo agasallos moi especiais: balóns, merchandising do @cbbreogan e pegatinas de Mínimus, que fixeron as delicias dos máis pequenos.
Seguimos sumando experiencias onde o deporte, a educación e a diversión van da man.


