Novas

Colaboración – Deporte e solidariedade na Praza Agro do Rolo

Onte desfrutamos dunha xornada chea de deporte e solidariedade na Praza Agro do Rolo!

No marco da XV Carreira Solidaria do CPR Cervantes, organizamos un concurso de tiro que fixo as delicias de pequenos e maiores.

Todo o recadado nesta carreira irá destinado á investigación sobre o Glioblastoma, realizada por Pedro Reimunde no HULA, unha causa que merece todo o noso apoio e compromiso.

Grazas a todas as persoas que participaron e fixeron posible esta actividade!