Onte puxemos o punto e final ao Programa Deporte e Ocio Saudable +xTI 24-25, unha iniciativa da @xuventudedeporteslugo impulsada polo @concellolugo, que levamos a cabo nos barrios de Lugo, rematando na Praza de Anxo Fdez.
Un pracer compartir esta experiencia con tantos rapaces e rapazas con ganas de moverse, xogar e pasalo ben!



O oitavo mestre de educación física que colaborou con nós neste proxecto foi Iago Corral, do CEIP Anexa, a quen lle damos as grazas polo seu entusiasmo e implicación
Queremos tamén agradecer ao @concellolugo por contar coa Fundación Breogán para desenvolver esta actividade, e a todas as persoas que a fixeron posible.



Seguimos construíndo espazos de lecer saudables, activos e abertos para todos!


