Novas

Concurso SenFiltros

Hoxe comezamos co alumnado do Colexio Maristas Lugo e… tamén arrinca o noso concurso especial!

Se asistiches ás charlas de SenFiltros, podes participar e optar a un premio incrible 👇

🔹 Que tes que facer?

1️⃣ Graba un vídeo falando sobre o tema da charla: o bullying, como identificalo e como combatelo.
2️⃣ Sube o vídeo ás túas stories de Instagram.
3️⃣ Etiqueta á Fundación Breogán para que poidamos velo.

🏆 Como se elixe o gañador/a?

O vídeo que consiga máis likes será o gañador do concurso.

🎁 Premio

A persoa gañadora recibirá 2 invitacións para gozar dun partido do CB Breogán desde o Palco VIP da Fundación Breogán, a pé de pista. Unha experiencia única! 💙🏀

Anímaste a participar? Queremos ver a túa creatividade e a túa voz contra o bullying! 💬