Novas

“Cumprir un soño a pesares do destino” Tito Margaride

Un exemplo de loita e de superación persoal e deportiva.

A vida do deportista da Pontenova, Tito Margaride merece ser contada, coñecida e recoñecida por todos nós.

Non acontece moi de cotío o poder ter fronte a un, a todo un brillante campión nacional e internacional de atletismo. Pero o que sen dúbida é ainda menos corrente, é atoparse cun ser humano coma Tito.

El é un símbolo de transformación, un arquetipo do que debería ser, ou do que debería de entenderse como un deportista integral.

Onte, diante dos rapaces e rapazas que ateigaron o salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, e arroupado polos seus familiares, este “Ave Fénix” do atletismo e da vida, contou a súa historia de resiliencia asistido e guiado por María Nieto, xornalista e comunicadora, e Salva Arco, Director da Fundación Breogán.

Como ben dixo Viktor Frankl: “O home que se ergue é ainda máis forte que o que nunca caeu”.

O ciclo de charlas continuará no mes de novembro coa judoka Sara Álvarez.

1 thoughts on ““Cumprir un soño a pesares do destino” Tito Margaride

  1. tmas meilan saavedra di:

    Coñecino dende neno,e sei do seu esforzo;non comprendido ,no seu entorno.Trunfou co apoio de CASTIÑEIRA.Foi unha magua;que tivera tan pouco percorrido,por mor dunha “lesion”.Pro segue dando mostra,da sua fortaleza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *