Salva Arco, Director da Fundación Breogán, Carlos Martínez, Director e fundador de Ecoballution e Ana Traseira Pena, Directora da Uned Lugo, presentaron oficialmente o proxecto “Ningún Aro Sen Rede”, nas instalacións do Pazo Dos Deportes.
Iniciamos dende hoxe esta acción para fomentar o deporte, a ecoloxía e a reciclaxe entre a comunidade escolar lucense.
Deste xeito, os centros educativos que así o demanden, poderán desfrutar das redes de Ecoballution (recicladas a partir de residuos mariños) nas canastras do seu colexio.
Ademáis, como pretendemos concienciar ós máis novos da importancia da reciclaxe, grazas á Uned Lugo e a través de Terracycle instalaremos contenedores nos mesmos centros para a recollida e posterior reciclaxe de material de escritura.
Os puntos que obteñamos co programa de reciclaxe de Terracycle reinvertiranse na compra de novas redes Econet e deste xeito poder chegar a máis centros educativos de toda a provincia.
Tedes toda a información sobre o proxecto facendo click na seguinte ligazón: