Novas

Ningún Aro Sen Rede

Mañá ás 11:00 h. presentaremos, no Pazo Dos Deportes de Lugo, NINGÚN ARO SEN REDE. Un proxecto da Fundación Breogán en colaboración ca UNED LUGO e ECOBALLUTION que pretende dotar a todos aqueles centros escolares que así o desexen, de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles. Un exemplo de economía circular, no que se promoverán alguns dos principios e valores da Axenda 2030 da ONU. Baloncesto, reciclaxe, reutilización, etc. e todo isto, co convencimento de poder contribuir a mellorar a nosa sociedade.

Primeiro concienciando ós máis novos, que son o noso futuro, da importancia da práctica deportiva e de levar unha vida sá. E segundo, de amosarlles que é posíbel facelo coidando do noso entorno, do medio ambente e aprendendolles a importancia de reciclar, reutilizar e dun consumo responsable.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *