PROXECTOS 2023
NINGÚN ARO SEN REDE (En curso)
Ningún aro sen rede é un proxecto da Fundación Breogán en colaboración coa UNED Lugo e ECOBALLUTION. Iniciouse co curso escolar 22/23 e nace cun claro obxectivo, acadar as sinerxias necesarias para proveer a aqueles centros escolares que o demanden de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles.

MÁIS QUE BASKET NO RURAL
Nova edición do proxecto que pretende achegar todolos beneficios dun deporte como o baloncesto ó rural da provincia de Lugo.
Moi pronto teredes novas do primeiro Concello ó que lle adicaremos 5 semanas de baloncesto e hábitos saudables.
Coma sempre, iremos da man das nosas empresas benefactoras Pazo de Vilane e Río de Galicia.

EXPERIENCIA BREOGÁN
Un dos proxectos sociais máis especiais da Fundación Breogán. Cinco organizacións, fundacións, etc. serán as afortunadas en vivir, durante este 2023, a triple actividade que conforma este proxecto.
Destinaremos unha semana para cada unha delas. Invitarase ós seus membros a vivir a EXPERIENCIA PAZO (tour polas instalacións e convivencia cos xogadores), logo será unha representación do CB Breogán e da Fundación Breogán quen visite o seu centro de traballo e por último, estarán convidados ó día de partido, aproveitando o stand do EsPazo Fundación para dar visibilidade ó seu colectivo.

LIGA SENIOR 3X3
Nova edición da Liga Senior (maiores de 30 anos) da competición de moda do baloncesto, o 3X3.
Unha liga que se disputará (posiblemente) durante os meses de maio e xuño, e que disporá de tódolos medios necesarios para que os amantes do baloncesto e do deporte poidan volver a gozar da súa paixón ó 100%.

TORNEO 3X3 NA RÚA (Categorías inferiores)
As categorías de formación tamén volverán ter o seu protagonismo neste 2023.
O segundo Torneo 3X3 Na Rúa da Fundación Breogán terá lugar na primavera e nesta edición buscamos ampliar o rango de idades e mellorar a oferta, tanto deportiva como lúdica e facer, deste xeito que a xornada resulte inesquecible.

XORNADAS DE TECNIFICACIÓN
Xornadas de tecnificación de baloncesto que se levarán a cabo polos mellores profesionais do C.B. Breogán para rapaces de entre 8 e 16 anos.
Moi pronto tódolos detalles.

LUZ Ó DEPORTE (Inicio Curso 23/24)
Pretendemos empregar o deporte e os seus protagonistas como ferramenta para dar a coñecer todo aquelo que agacha o deporte de élite.
Ser testemuñas en primeira persoa das experiencias e vivencias de deportistas de primeiro nivel para educar, orientar e influir positivamente na conduta dos nosos adolescentes.

DOAZÓN BENÉFICA
Un dos obxectivos principais da Fundación é ESTAR. Estar ó carón dos que máis o necesiten, estar cos nenos e nenas, estar cos nosos maiores, na educación dos adolescentes, estar na cidade e no rural, estar na promoción de eventos deportivos, etc.
E tamén imos ESTAR ó voso carón. Por elo, imos realizar, anualmente, unha doazón económica á entidade que os nosos socios benefactores da Fundación decidan.
