Novas

Ocio de Deporte na Rúa – CEIP Sagrado Corazón 05/04/25

Onte fixemos a segunda parada do programa Ocio e Deporte Saudable nos Barrios no CEIP Sagrado Corazón

Unha xornada chea de movemento, diversión e moitos sorrisos, grazas á profe de Educación Física Claudia Tejerina (@ctejerinap) do @maristaslugo, que puxo a todos e todas a activarse con moita enerxía!

Coas medallas do @oartesan3d aos gañadores e gañadoras dos concursos puxemos o broche de ouro. Un detalle especial para recoñecer o esforzo con moito estilo!

Esta iniciativa forma parte do programa +xTI 24-25, impulsado polo @concellolugo e @xuventudedeporteslugo, e está coordinada pola Fundación Breogán.

Seguimos levando o deporte aos barrios!