Novas

Derradeiro adestramento equipo Fundación

Onte tivo lugar o derradeiro adestramento do equipo que representará á Fundación Breogán e ó C.B. Breogán na Fase Previa da Mini Copa Endesa.

No eido puramente deportivo non houbo novedades, mesma intensidade, mesma ilusión e quizáis algo máis de nervos ante a proximidade do debut dos nosos rapaces nesta importante competición.

A sorpresa chegaría ó remate e da man de dous xogadores que xa de por sí constitúen eles mesmos un agasallo, os irmáns Erik e Sergi Quintela.

Estes dous símbolos do breoganismo e ídolos da nosa selección, portaban nas súas mans o póster oficial para cada un deles.

Ademáis do agasallo material, levaron para casa as palabras de ánimo dos irmáns Quintela, de Salva Arco e do Director Xeral do C.B. Breogán, Tito Díaz que tamén quixo estar presente nesta despedida á expedición breoganista, antes de partires cara a Valencia.

Moita forza rapaces e sobre todo, gozade da experiencia!

Preme aquí para acceder á ligazón da Selección Fundación Breogán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *