Logo de presentar onte o proxecto “LUZ Ó DEPORTE” hoxe queremos dar máis detalles da que será a primeira charla deste ciclo.
O vindeiro luns 19 de setembro, no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo (Rolda da Muralla nº 70) o ex-xogador profesional de baloncesto IÑAKI ZUBIZARRETA, realizará dúas sesións da súa charla “Renderse xamais é unha opción”, enfocada na problemática do bullying.
A primeira delas será ás 12:00 horas e á mesma asistirán os rapaces e rapazas de catro institutos de Lugo.
Xa pola tarde, ás 19:00 será turno para educadores, adestradores e pais/nais, a outra parte implicada neste difícil problema que desgraciadamente pode afectar ós nosos fillos e fillas dende moi novos.
Agardámosvos!