A Fundación Breogán estará presente o vindeiro luns 9 de marzo nos Encontros Provinciais de Deporte Adaptado, organizados por ENKI, colaborando xunto con Dano Cerebral Lugo a través do noso proxecto Boccia Escolar Adaptada.
Durante a xornada contaremos cunha estación de Boccia, na que o alumnado participante poderá coñecer e probar este deporte adaptado.
📍 O evento terá lugar no Estadio Gregorio Pérez Rivera, de 10:30 a 13:30 h, e reunirá a diferentes centros educativos de Lugo. Ao longo da mañá, os escolares rotarán polas distintas estacións deportivas, onde poderán experimentar con diferentes deportes e material adaptado, guiados por entidades deportivas locais, deportistas con diversidade funcional e o equipo de ENKI.
Unha xornada para aprender, compartir e seguir promovendo o deporte inclusivo.