Novas

Boas Prácticas – Dra. María Núñez

Onte, o Proxecto Boas Prácticas da Fundación Breogán celebrou unha nova xornada formativa coa participación da Dra. María Núñez Otero, que impartiu a charla “Coido os meus dentes, coido a miña saúde”.

A actividade tivo lugar en dúas sesións nos CEIP Luis Pimentel e CEIP Das Mercedes, onde o alumnado aprendeu de xeito dinámico e participativo sobre a importancia do coidado bucodental e a súa relación coa saúde xeral.

Con iniciativas como esta, a Fundación Breogán continúa fomentando hábitos saudables e valores educativos entre os nenos e nenas, reforzando o papel do deporte e da saúde como parte da formación integral.