O próximo luns 9 de marzo darán comezo as primeiras sesións do programa Pegadas da Memoria – Terapia cognitiva con animais, unha iniciativa da Fundación Breogán que utiliza a interacción con cans como ferramenta de estimulación cognitiva, emocional e social.
As primeiras intervencións realizaranse nas residencias de A Milagrosa e As Gándaras, onde as persoas maiores participantes poderán compartir momentos de vínculo, estimulación e benestar xunto aos cans de terapia.
Este proxecto busca fomentar o envellecemento activo, a participación social e o benestar emocional, a través dunha experiencia terapéutica innovadora na que traballaremos tamén con usuarios de COGAMI.
🤝 O programa conta co patrocinio de Albia Funeraria Fernández, empresa benefactora da Fundación Breogán.