Novas

Entradas de agasallo BCL – Breogán – Hapoel Holon

A Basketball Champions League volve ao Pazo este mércores e dende a Fundación Breogán convidamos novamente aos nosos soci@s benefactores e voluntari@s que colaboraron nalgunha actividade da Fundación a acudir ao encontro.

Cada un deles e delas terá á súa disposición dúas entradas dobres para que veñan a animar ao C.B. Breogán para acadar a segunda vitoria desta competición fronte ao Hapoel Holon.