Novas

Colaboración CIFP Politécnico de Lugo

Os alumnos/as do CIFP Politécnico de Lugo, que están realizando o Curso Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva, remataron esta semana as súas prácticas co noso equipo de baloncesto en cadeira de rodas.

Moitas grazas pola dedicación e ilusión amosada en cada un dos adestramentos e moita sorte para o futuro. Estamos seguros de que seredes uns/unhas grandes profesionais.

A Fundación Breogán sempre estará dispoñibel para colaborar na formación deportiva dos estudantes lucenses.