Novas

Entrega da doazón benéfica a AFALU

Don Alfonso Orol, en representación da Fundación Breogán, fixo entrega a Dona Iria Franco, Vicepresidenta de AFALU, do simbólico talón correspondente á doazón benéfica anual da Fundación Breogán.

O acto tivo lugar no descanso do partido de liga ACB disputado o pasado martes no Pazo dos Deportes de Lugo, que enfrontou ó C.B. Breogán e ó Cazoo Baskonia.

AFALU Alzheimer Lugo foi a entidade elexida tras votación dos nosos socios benefactores, tras acadar un 50% dos votos.

Noraboa Afalu, tanto vós como as demáis asociacións cas que traballamos neste 2022 grazas ó proxecto “Experiencia Breogán” (Cogami, Raiolas, Alume e Escola B. Música de Antas de Ulla), merecedes este recoñecemento e moito máis pola gran labor que realizades.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *