Novas

Homenaxe no Pazo

Os rapaces do equipo da Fundación Breogán que representaron ó C.B. Breogán na Fase Previa da Mini Copa Endesa, recibiron onte unha merecida homenaxe no Pazo dos Deportes de Lugo.

Nun dos descansos entre cartos, do partido da décimo terceira xornada da Liga Endesa, que enfrontou ó C.B. Breogán e ó Cazoo Baskonia e ante os 5.185 espectadores que ateigaban as bancadas, o futuro do basket lucense saíu ó centro da pista para recibir o recoñecemento e o agarimo da súa xente.

Para nós é un orgullo o xeito no que eles e os seus adestradores levaron o nome de Lugo e do Breogán á competición máis importante do baloncesto do formación.

Noraboa a todos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *