Onte tivemos unha visita moi especial no adestramento semanal do Proxecto Cris Seijo! Erik Quintela, capitán do @CBBreogan, compartiu a tarde coas participantes da vertente social e socio-deportiva, vivindo de preto a esencia deste proxecto tan especial.
O motivo, se é que facía falta un? O propio nome do proxecto. Con Cris Seijo, Erik deu os seus primeiros botes nunha cancha, iniciando un camiño cheo de paixón polo baloncesto.



Cris foi unha figura imprescindible no deporte lucense, unha loitadora incansable pola igualdade e o baloncesto feminino. O seu legado segue vivo en cada pase, en cada esforzo e en cada nova oportunidade que nace deste proxecto.
Grazas, Erik, pola túa visita, polos agasallos e, sobre todo, por ser parte desta historia.


