Novas

Proxecto Persoas – Sumando sinerxías

Na Fundación Breogán seguimos abrindo as portas do Proxecto Persoas para que clubs, asociacións e colectivos comprometidos co deporte inclusivo se unan a nós nos adestramentos.

Xa tivemos o pracer de compartir sesións coas rapazas do Proxecto Cris Seijo e cos amigos de @marchaenlugo, vivindo momentos de aprendizaxe, convivencia e moito baloncesto!

E seguimos sumando! Os próximos en unirse serán:

Se ti tamén formas parte dun club ou colectivo e queres vivir esta experiencia única, contacta connosco! Xuntos facemos do deporte un espazo máis inclusivo para todos.