Novas

Esforzo, ilusión e superación: o voo do Proxecto Ícaro

Un camiño de esforzo, ganas e superación.

Esta tempada do Proxecto Ícaro foi moito máis ca deporte. Foi compromiso, constancia e ilusión por parte dos mozos que participaron con tantas ganas en cada sesión.

Durante estes meses, mergullámonos en diferentes disciplinas —baloncesto, boxeo, béisbol ou tenis de mesa—, pero o verdadeiro éxito estivo na actitude dos rapaces: sempre dispostos a aprender, medrar e superar límites.

Grazas ao apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, das Fundacións Dignidade e JuanSoñador, do IES Muralla Romana, da Xunta de Galicia e dos clubs e profesionais que nos acompañaron, puidemos facer realidade este espazo seguro onde o deporte se converte nunha ferramenta de inclusión, autoestima e futuro.

A vós, rapaces: grazas por ensinarnos que cada paso conta e que sempre se pode voar máis alto. Seguimos cara a novos horizontes.