Novas

O corazón do Breogán lateu forte esta tempada con Pazo Aberto

Nos últimos meses, o Pazo dos Deportes converteuse nun lugar cheo de ilusión, onde máis de 150 nenos e nenas de toda a provincia puideron descubrir o corazón do C.B. Breogán.

Dende o vestiario ata a pista, pasando pola sala de prensa ou a sala de trofeos, cada visita foi unha aventura chea de curiosidade, aprendizaxe e breoganismo.

Compartimos momentos inesquecibles cos xogadores, aprendemos os valores do Breo e vivimos o baloncesto como ferramenta de educación, respecto e orgullo lucense.

Grazas aos coles que participastes, ao Proyecto de Bana polo apoio, e a todos os que facedes posible que o Pazo sexa tamén casa da nosa cativada.

Volvemos a abrir as portas o vindeiro curso… porque o Breogán tamén é voso!