Novas

Experiencia Breogán 2025 – Aula Pediátrica do HULA / Clínica García Rielo

✨ Nova Experiencia Breogán en marcha!

Nesta ocasión, temos a honra de achegarnos a un espazo moi especial: a Aula Pediátrica do HULA. Un lugar no que cada día se sementan forza, ilusión e esperanza, e onde o traballo e dedicación do persoal sanitario convértense nun aloumiño para os máis pequenos e para as súas familias.

Desde a Fundación Breogán sentimos unha enorme responsabilidade e tamén unha gran ledicia por poder sumar nesta realidade, achegando apoio e novas experiencias que fagan máis levadeira a estancia hospitalaria dos nenos e nenas.

Todo isto é posible grazas ao apoio da nosa empresa benefactora, a Clínica García Rielo, que conxuga coidado, saúde e compromiso social. Sen dúbida, un exemplo de como a colaboración entre entidades pode transformar vidas e abrir portas a novas experiencias cheas de valor humano.