Novas

Nova tempada do Proxecto Cris Seijo

Co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, arrincamos unha nova tempada desta iniciativa da Fundación Breogán para impulsar o baloncesto feminino e o empoderamento das mulleres en Lugo.

Damos soporte a un equipo de mulleres maiores de 35 anos, o Seijo Team, que te convidan a adestrar con elas todos os martes ás 18:45 h no CEIP Anexa (Lugo).

Un espazo aberto a todas as mulleres con paixón polo baloncesto que queiran gozar, aprender e crecer nun ambiente de amizade e compañeirismo.

📅 Comezamos o martes 7 de outubro.
Non importa o teu nivel, o importante é ter gañas de xogar!

🔗 Máis información: www.fundacionbreogan.org/proxectocrisseijo

👉 O Proxecto CRIS SEIJO é unha oportunidade para todas. Esperámoste na pista!