Novas

Experiencia Breogán 2025 – Centro Ollos Grandes / Transportes Valín

A última Experiencia Breogán do ano terá como protagonista ao Centro de Menores Ollos Grandes, un espazo de protección, acompañamento e oportunidades de futuro para nenos e mozos de entre 0 e 18 anos en situación de vulnerabilidade social.

Desde a Fundación Breogán queremos recoñecer o seu compromiso diario coa atención, a educación e a inclusión, ofrecendo apoio integral a menores en situación de tutela, garda, medidas xudiciais ou absentismo.

Grazas a Transportes Valín por facer posible esta actividade e por acompañarnos na construción dunha sociedade máis xusta e humana.

Porque coidar hoxe é construír futuro.