A Fundación Breogán visitou o 𝗖𝗲𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗠𝗲𝗻𝗼𝗿𝗲𝘀 𝗢𝗹𝗹𝗼𝘀 𝗚𝗿𝗮𝗻𝗱𝗲𝘀, un espazo fundamental de protección, acompañamento e oportunidades de futuro para nenos e mozos en situación de vulnerabilidade social.
A visita estivo encabezada polo director da Fundación Breogán, 𝗟𝘂𝗶𝘀 𝗔𝗯𝗲𝗹 𝗧𝗮𝗯𝗼𝗮𝗱𝗮, acompañado por unha representación do 𝗖𝗕 𝗕𝗿𝗲𝗼𝗴𝗮́𝗻 formada por 𝗘𝗿𝗶𝗸 𝗤𝘂𝗶𝗻𝘁𝗲𝗹𝗮, 𝗠𝗮𝘂𝗿𝗼 𝗡𝗼𝗴𝘂𝗲𝗶𝗿𝗮 e 𝗤𝘂𝗶𝗾𝘂𝗲 𝗙𝗿𝗮𝗴𝗮.



Desde a Fundación Breogán queremos poñer en valor o labor diario que se realiza en Ollos Grandes, baseado na atención, a educación e a inclusión, ofrecendo un acompañamento integral que favorece o seu benestar e desenvolvemento persoal.
Esta tarde, ás 21:00 h, os rapaces e rapazas do centro gozarán do encontro no Pazo dos Deportes desde o palco VIP da Fundación Breogán.
Grazas á nosa Empresa Benefactora, 𝗧𝗿𝗮𝗻𝘀𝗽𝗼𝗿𝘁𝗲𝘀 𝗩𝗮𝗹í𝗻, polo seu apoio e colaboración para facer posible esta experiencia.


