Este sábado puxemos o broche de ouro á Experiencia Breogán que, grazas á nosa Empresa Benefactora, Pazo de Vilane dedicamos á Fundación Secretariado Xitano.
Pola mañá recibimos no Pazo dos Deportes a unha representación do Programa de Educación Promociona, formada por varios alumnos e Olalla Radio, Antonio Cortiñas e Belén Fernández, Coordinadora, que realizaron o xa mítico percorrido polas instalacións, coñecendo de preto fogar do Breogán.



Pola tarde, tiveron a oportunidade de vivir o partido entre o CB Breogán e o Joventut a pé de pista, desfrutando da experiencia desde o Palco VIP da Fundación Breogán.
Durante un dos descansos, Nuria Varela-Portas de Orduña, xerente de Pazo de Vilane, foi a encargada de facer entrega do recoñecemento a Belén Fernández, como lembranza desta xornada tan especial.



Grazas á Fundación Secretariado Xitano polo seu traballo diario e por compartir con nós esta experiencia tan enriquecedora. Seguimos sumando!